domingo, 29 de julio de 2012

AVISO


Diante da subida do IVE, para o vindeiro 1 de setembro de 2012, do material de uso escolar, que vai pasar do 4% ao 21%, sería recomendable adiantar a compra de dito material antes do aumento de dito imposto. Non obstante, sería axeitado consultar coas librerías e non mercar compulsiva e esaxeradamente.

A porcentaxe para libros escolares mantense no 4%

martes, 24 de julio de 2012

COMENZA UNHA ANDAINA

Co fin de ser un vehículo de comunicación e información coa comunidade educativa iniciamos esta bitácora do DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN do CEIP O PIÑEIRIÑO  de Vilagarcía de Arousa - Cód.: 36015652 - http://centros.edu.xunta.es/ceipopineirino



O Departamento de Orientación iniciou a súa andaina oficial o 1 de setembro de 2000, tivemos ao longo deste tempo, ademais do centro base, dous centros adscritos o CEIP A ESCARDIA e o CEIP ESCOLA PONTE DE XITANOS de Cornazo; pero eso xa é historia, hoxe o ámbito de actuación e o colexio público O PIÑEIRIÑO da capital arousana. Ademais das funcións típicas e ordinarias dun departamento de orientación creamos unha ESCOLA DE PAIS E NAIS, que leva bastantes anos en funcionamento, participamos activamente nun programa de ATENCIÓN Á LECTURA, que está integrado no CONTRATO-PROGRAMA, que o noso centro mantén coa CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA da XUNTA DE GALICIA, colaboramos moi estreitamente coa nosa BIBLIOTECA ESCOLAR, que está inmersa no PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES, dende o segundo ano de funcionamento de dito plan, en moitas actividades de promoción e dinamización lectora. Mantemos unha magnífica relación coa ANPA O PIÑEIRO do noso colexio, o curso pasado levamos adiante, colaborando cos pais e nais, unha interesante experiencia de contacontos para todo o noso alumnado. O vindeiro curso todo o colexio estará moi atarefado pola nosa entrada no Proxecto Abalar da nosa Consellería. Creamos unha gaceta informativa para contactar coas familias e co alumnado e que chamamos RECHOUCHÍOS.

O Xefe do Departamento foi durante máis dun lustro coordinador do SEMINARIO PERMANENTE dos Orientadores de Educación Infantil e Educación Primaria da zona educativa de Vilagarcía de Arousa, tamén formou parte do Consello Escolar do Concello de Vilagarcía de Arousa, e pertenceu a comisión sobre absentismo escolar, en novembro de 2010, participou na cidade de Sevilla no II CONGRESO SOBRE ÉXITO ESCOLAR E AUTONOMÍA DE CENTROS, organizado polo Ministerio de Educación en colaboración coas Comunidades Autónomas.

Existe unha colaboración moi axeitada entre este Departamento e o Departamento de Orientación do IES "Fermín Bouza Brey" da nosa cidade e ao que estamos adcritos. Coordinada por ambos departamentos o noso alumnado de 6º de Educación Primaria fai unha visita informativa e formativa a dito instituto, xeralmente no 2º trimestre de cada ano académico. A orientadora do instituto coordina no noso centro unha escola de pais e nais, dirixida ás familias do alumnado de sexto curso de Primaria para informar sobre a transición da Primaria á ESO e ofrecer información sobre o instituto ao que se incorporarán unha grande maioría do alumnado. Nos últimos cursos acompaña á orientadora o director do instituto, o que coidamos é algo importante e que complementa a información que ofrece a orientadora. Ésta e a profesora especialista en Pedagoxía Terapéutica do instituto manteñen reunións de coordinación co profesorado titor e co profesorado especialista de 6º de Primaria do noso colexio. A colaboración entre o colexio de Primaria e o instituto pensamos que é de vital importancia. Dende o departamento sempre traballamos pola coordinación, colaboración e intercambio de ideas entre o colexio e o instituto.

Os orientadores e orientadoras de Educación Infantil e de Educación Primaria dos colexios públicos de Vilagarcía de Arousa sempre estivemos moi unidos, traballando xuntos e aprendendo xuntos; así como intercambiando información e materiais, tamén se uníu ao grupo a orientadora de Colexio de Educación Especial, que coidamos de sumo interese. Por distintos motivos, ultimamente non tivemos a oportunidade de facer ese traballo conxunto que tan beneficioso é. A inspección e a Administración Educativa, como noutrora, debera facilitar e promover esta coordinación entre os orientadores/as da nosa zona educativa.

O Departamento ten colaborado en distintas cuestións coa Facultade de Psicoloxía da USC e coa Facultade de Educación do Campus de Ourense e Pontevedra da U-Vigo.

BENVIDOS TODOS A ESTA FIESTRA ABERTA Á ORIENTACIÓN EDUCATIVA.