-
TODOS
DEBEMOS TOMAR CON MÁIS CALMA A VIDA, PAUSAR OS RITMOS, HAI UN TEMPO PARA CADA
COUSA.
-
DEBEMOS
EVITAR AS SITUACIÓNS DE “STRESS”, LEVANDO UNHA VIDA SAUDABLE.
-
PROCURAR
O OPTIMISMO E A LEDICIA. CONTENTÁNDOSE COAS COUSAS SINXELAS DA VIDA: O SORRISO,
A AMABILIDADE, A ACEPTACIÓN DUN MESMO E DOS DEMAIS.
-
RESPECTAR
AOS DEMAIS E TER UNHA ACTITUDE ÉTICA AXUDAN A VIVIR DUN XEITO MÁIS PLENO.
TODAS ESTAS
ACTITUDES E POSTURAS DIANTE DA VIDA TRANSMITÍMOSLLAS Á INFANCIA CO NOSO EXEMPLO
VITAL.
Os nenos e as nenas teñen que ter suficiente tempo para o xogo
libre cos seus iguais, un tempo diario para o estudo e traballo académico
persoal e sobre todo co fin de levar un estilo saudable de vida, debemos
contemplar uns tempos e hábitos de descanso:
- Despois da comida do mediodía ter entre 15’ ou 20’ de descanso. (Pequena
siesta).
- Acostarse a unha hora prudencial, sempre á
mesma hora, durmir un mínimo de 8 horas diarias, algúns nenos e nenas precisan
aínda máis.
- Cear máis ben cedo e dúas horas antes de se
acostar non se debe beber en exceso líquidos nin tomar alimentos nin bebidas
excitantes. Procurar non facer actividades bruscas nin que alteren aos
nenos/as.
- Diante de trastornos do sono e do descanso
acudir e consultar co pediatra.
O DESCANSO E UNHA VIDA TRANQUILA E EQUILIBRADA SON MOI
NECESARIOS PARA PODER RENDIR NA ESCOLA.