jueves, 19 de diciembre de 2013

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2014


O PROFESORADO DO CEIP O PIÑEIRIÑO DESÉXALLES UNHAS FELICES VACACIÓNS DE FINAL DO PRIMEIRO TRIMESTRE, UNHA OPORTUNIDADE PARA A CONVIVENCIA FAMILIAR E VECIÑAL. E QUEREMOS QUE O 2014 SEXA PROPICIO PARA TODOS, QUE ESTE DEMO DE CRISE OU O QUE SEXA QUE SE VAIA AXIÑA E QUE TODO O MUNDO POIDA TER UNHA VIDA DIGNA E CHEA DE OPORTUNIDADES. FELIZ 2014.

jueves, 12 de diciembre de 2013

ACOMPAÑAR NO CRECEMENTO, A MEIOR PREVENCIÓN

 
Polo seu interese vou verquer ao galego un artigo aparecido no taco-calendario do Sagrado Corazón (11/12/2013):

AXUDAR A FACER

Un neno ve a unha bolboreta que se está a desprender con dificultade do seu casulo. Crendo axudala, libéraa delicadamente da súa envoltura. A bolboreta voa, recorre uns metros, mais axiña cae ao chan, morta.
 O pai explica que non se axuda á bolboreta facilitándolle a súa liberación. Ela debe conseguilo por si mesma, reforzando así os músculos das súas ás, que despois lle axudarían a voar.

Á luz deste exemplo, vós, os pais, deixades ao voso fillo ou filla afrontar por si mesmo as súas dificultades e retos, as súas responsabilidades e tarefas? Ou pretendedes facilitarlle as cousas facéndoas no seu lugar?

 A responsabilidade dos pais non é facer as tarefas do fillo, senón axudar a que el as poida facer. É necesario deixarlle cada vez maior responsabilidade para permitirlle desenvolver as competencias necesarias para a súa evolución e o seu crecemento. Parece claro que sempre é máis fácil ordear no seu lugar, lavarlle os dentes para estar seguros de que así quedan ben, atarlle os cordóns dos zapatos, pero, actuando así, el ou ela non aprende a facelo.

Sería un bo exercicio facer unha lista das tarefas que fas por el, substituíndoo a el e despois, sinalar cales podería facer perfectamente el por si mesmo, as que poderías delegar nel.
 
No fagamos do neno ou nena un ser inutilizado, dependente, consentido, mal criado; hai que educar para unha crecente autonomía. Aos nenos gústalles facer as cousas, sentirse útiles, permitamos o seu crecemento autónomo, brindémoslles ricas e variadas experiencias. 

E para previr toxicomanías, dependencias, etc. as claves son convivencia, diálogo, moito diálogo, dedicarlle tempo aos fillos, escoitalos, estar con eles, interesármonos polas súa cousas, dar bos exemplos e ter experiencias gratificantes, positivas e enriquecedoras en familia (gozar xuntos da convivencia familiar, contacto frecuente coa natureza -montaña, praia, animais, viaxes-, asistir a espectáculos e actividades culturais -festas, concertos, teatro, cine, conferencias, romarías, circo,...). Facer todo o posible para ser felices en parella, en familia, boas relacións entre todos, pais/fillos/familiares/veciños.

É moi importante, frecuentar o colexio, ter unha estreita, positiva, construtiva relación cos mestres e participar activamente en todas as actividades do colexio, ser e facer COMUNIDADE EDUCATIVA, os nosos nenos e nenas merécenno.   

viernes, 22 de noviembre de 2013

ESCOLA DE PAIS E NAIS




 
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CONVOCATORIA DE ESCOLA DE PAIS E NAIS

                                   Benqueridas familias:

  Temos a ben, polo interese dos nosos nenos/as, convocar unha sesión da Escola de Pais e Nais, que terá lugar o

MARTES 26 DE NOVEMBRO DE 2013, ÁS 17:30 H. NO SALÓN DE ACTOS

e para tratar o seguinte tema:
Panel sobre prevención de toxicomanías e outras dependencias.

Dita Escola está especialmente dirixida aos pais/nais nun acto aberto a toda a Comunidade Educativa. Estará coordinada por Xermán Manoel Torres, orientador do noso centro e contará coa participación de Ánxeles Bravo, da área de prevención do SPAD de Vilagarcía e de Francisco Fernández, director de Cáritas de Arousa.
Dada a importancia do tema, pregamos a súa asistencia, un cordial saúdo,


Vº e Prace, o director,              O Xefe do Dpto. de Orientación,

Asdo.- Argimiro Serén Mera      Asdo.- Germán M. Torres de Aboal


Vilagarcía de Arousa, 22 de novembro de 2013

viernes, 15 de noviembre de 2013

ACTIVIDADES DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN







CONCRECIÓN ANUAL DE ACTIVIDADES DO PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
CURSO 2013/2014


  •  Durante todo o curso, o orientador recibirá e atenderá as demandas da comunidade educativa (do alumnado, das familias, do profesorado).

  •       Organizaranse unha Escola de Pais e Nais cada trimestre

           - Panel sobre toxicomanías (outubro)
           - A nenez como oportunidade, como podemos coñecer mellor aos nosos nenos e nenas para
             axudalos a medrar (febreiro).
                - Transición da Primaria a ESO. O instituto. (Coordinada pola orientadora do IES “Fermín Bouza
                    Brey) –xuño-

  •      Visita ao IES “Fermín Bouza Brey” (Alumnado de 6º) -2º tr.-

  •       Obradoiro da Poesía (abril)

  •       Obradoiro do Cómic

  •      Técnicas de Estudo

  •    Colaboración cos pais/nais nos contacontos e outras actividades que poidan xurdir.

  •      Coordinación coa Admón. Educativa e colaboración coas universidades e cos servizos sanitarios e externos.

sábado, 12 de octubre de 2013

AXUDAS

ATA O 15 DESTE MES PÓDENSE SOLICITAR AS AXUDAS DO CONCELLO PARA MATERIAIS PARA A EDUCACIÓN INFANTIL.

O COLEXIO TRAMITOU TRECE SOLICITUDES DE AXUDA PARA O ALUMNADO CON NEAE (NECESIDADES EDUCATIVAS DE APOIO ESPECÍFICO) CUXO PRAZO REMATOU O PASADO 30/09/2013.

O VINDEIRO MARTES DÍA 15, CELEBRARANSE REUNIÓNS DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR, ENTRE OUTROS IMPORTANTES ASUNTOS, TRATARASE SOBRE A PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL.

MOI PRONTO O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA POÑERÁ A VENDA A LOTERÍA DE NADAL, QUE AXUDARÁ A FINANCIAR A SÚA EXCURSIÓN DE FIN DE PRIMARIA.

Todos os membros da nosa comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado) somos axentes da vida do noso centro, participemos de xeito activo, constructivo e positivo en ben das nosas nenas e dos nosos nenos. Todos construímos o CEIP O PIÑEIRIÑO. O edificio actual do noso centro cumprirá 25 anos o vindeiro 1 de setembro, xa que o edificio empezou a utilizarse o 1 de setembro de 1989.   

domingo, 15 de septiembre de 2013

AXUDAS MUNICIPAIS PARA EDUCACIÓN INFANTIL NO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

EDUCACIÓN
Ábrese o prazo de solicitude de axudas municipais para a compra de material escolar de Educación Infantil

13. 09. 2013.- O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria das axudas para a compra de material escolar convocadas polo Concello para os niveis de Educación Infantil, polo que as axudan poderán comezar a solicitarse mañá e ata o día 30 de setembro. Repartiranse 7.000 euros.


 Unha vez cubertos os impresos, estes deberán presentarse dentro do prazo establecido e xunto coa documentación indicada nas bases no rexistro xeral do Concello de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e o sábado de 9 a 13 horas. O prazo remata o ,luns, 30 de setembro.

 
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Con obxecto de axudar ás familias máis desfavorecidas economicamente a facer fronte ós
gastos derivados do inicio do curso escolar, e tendo en conta que os programas de axudas
para libros xa están implantados en toda a Ensinanza Primaria e Secundaria Obrigatoria,
proponse á Xunta de Goberno aprobar a convocatoria de axudas para material escolar, na
Educación Infantil, para as súas dúas etapas (0-3 anos e 3-6 anos), dos Centros de Ensino
sostidos con fondos públicos e Escolas Infantís debidamente autorizadas de Vilagarcía de
Arousa , de acordo coas seguintes
BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR,
CON DESTINO A ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL EN CENTROS SOSTIDOS CON
FONDOS PÚBLICOS E ESCOLAS INFANTÍS AUTORIZADAS DE VILAGARCÍA DE
AROUSA, CURSO 2013/2014
Artigo 1. - OBXECTO
O obxecto da presente convocatoria é o financiamento dos gastos que se derivan da
adquisición de material escolar (o material curricular e didáctico necesario para o
desenvolvemento da acción educativa) , para os alumnos Educación
Infantil, nas etapas 1ª e
2ª, dos Centros de Ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de
Vilagarcía de Arousa.
Artigo 2. – BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarios destas axudas as unidades familiares de convivencia residentes no
Concello de Vilagarcía de Arousa con menores matriculados ou con reserva de praza nas
etapas 1ª e 2ª de Educación Infantil, dos Centros de Ensino sostidos con fondos públicos e
nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa.
2.1. Requisitos Xerais dos Beneficiarios:
Estar empadroado e ter residencia efectiva permanente no Concello de Vilagarcía de
Arousa.
Ter fillos/as en idade escolar matriculados en 1ª ou 2ª etapa de Educación Infantil en
Centros de Ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de
Vilagarcía de Arousa.
Non supera-los ingresos económicos fixados no baremo destas bases
Presentar toda a documentación requirida, e no prazo establecido, nestas bases.
Convivir co/a menor a cargo.
Estasr ao corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. Poderán ter
débedas coa administración que concede sempre que non sexan anteriores ao
exercicio 2010.
2.2. Requisitos Económicos dos beneficiarios:
As axudas poderán ser solicitadas polas unidades familiares cuios ingresos non superen os
seguinte límites máximos de rendas obtidas no ano 2012:
Unidade familiar
Límite de ingresos
mensuais
Límite de ingresos
anuais
2 membros
985,36 €
11.824,28 €
3 membros
1.259,06 €
15.108,80 €
4 membros
1.478,04 €
17.736,41 €
5 membros
1.642,26 €
19.707,13 €
6 membros
1.751,74 €
21.020,93 €
7 membros
1.861,22 €
22.334,75 €
8 membros
1.970,72 €
23.648,55 €
Para o cálculo dos ingresos, tomaranse
os datos da AEAT de tódolos membros da unidade
familiar maiores de 16 anos.
Desta cantidade,
deduciranse os gastos derivados do alugamento da vivenda ou hipoteca de
vivenda habitual, ata un máximo de 250 euros mensuais, previa presentación da
documentación acreditativa correspondente.
Para os efectos desta axuda, enténdese por Unidade Familiar:
A formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección do menor así como
os seus fillos solteiros menores de 25 anos ou maiores de 25 anos cunha minusvalía igual ou
superior ao 33%, que convivan habitualmente.
A separación transitoria motivada por razóns de estudo, traballo, tratamento médico ou outras
causas similares, non rompen a convivencia para estes efectos
Artigo 3. – CONTÍA DAS AXUDAS
O importe máximo das axudas por cada alumno/a solicitante matriculado na 1ª ou 2ª etapa da
Educación Infantil, non poderá exceder de 50,00€.
Artigo 4. – PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE AXUDAS
4.1. Lugar e prazo de recollida e de presentación das solicitudes:
As axudas serán solicitadas polos pais, nais ou titores do alumnado ó que fai referencia o
artigo 1.
As solicitudes poderán obterse no departamento de Servizos Sociais, no de Educación e no
servizo de información municipal e tamén se poderán descargar na páxina web do Concello de
Vilagarcía de Arousa no enderezo electrónico
www.vilagarcia.es
As solicitudes
presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello de Vilagarcía de Arousa,
dende un día despois á publicación do anuncio no BOP e ata o 30 de setembro , en horario de
9 a 14 horas.
4.2. Documentación a presentar:
Os solicitantes deberán acreditar a situación socioeconómica e a xustificación do gasto coa
presentación da documentación que de seguido se detalla:
Impreso de solicitude, segundo modelo que figura como ANEXO I
Fotocopia do DNI ou NIE da persoa solicitante.
Fotocopia do Libro de Familia completo ou documentación oficial acreditativa dos
membros da unidade familiar coas súas datas de nacemento.
De ser o caso, fotocopia do título de familia numerosa.
De ser o caso,
documento acreditativo da situación de familia monoparental: fotocopia
cotexada do libro de familia, do certificado de defunción, da demanda ou sentenza de
separación ou divorcio, acordo regulador ou resolución xudicial sobre as medidas
paterno filiais. Entenderase por familia monoparental, a formada por un único
proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha
relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non
contribúa economicamente ao seu sustento.
De ser o caso, certificado de recoñecemento de minusvalía ou do grao e nivel de
dependencia.
Certificado de matrícula ou reserva de matrícula expedido polo centro, para o curso
2013/2014.
Se é o caso, recibo de pagamento de aluguer da vivenda habitual selado e asinado polo
arrendatario ou xustificante de pago de hipoteca (primeira vivenda).
Autorización para solicitar datos tributarios en relación ao IRPF de tódolos membros da
unidade familiar maiores de 16 abos, segundo o modelo anexo á solicitude
Xustificación do gasto, mediante algún dos seguintes medios
1) Factura con tódolos requisitos regulamentarios segundo as seguintes
prescricións:
Facturas orixinais ou fotocopia compulsada das mesmas, cos requisitos
establecidos no R.D. 1496/2003. Como mínimo conterán:
nº de factura e indicación expresa de que se trata dunha factura,
lugar e data de emisión.
Denominación social, NIF e domicilio de quen expide a factura e
do destinatario
Descrición e data de realización da operación.
Importe con desagregación do IVE e indicación do tipo aplicable
e do total. Non se admitirán facturas nas que se faga constar
“IVE incluído”.
Recargas, descontos e retencións aplicables.
Ademais, deberá acreditarse o seu pagamento, figurando
pagado” ou “recibín”,
data do pago
firma e identificación da mesma (DNI ou nome completo de quen
asina)
Selo da empresa
Cando a factura teña sido pagada mediante transferencia
bancaria ou talón, deberá aportarse extracto bancario que
xustifique a transferencia ou ingreso na conta do beneficiario.
2) Recibín do centro educativo, no caso de que o pai/nai ou tutor adquira o
material coa mediación da escola ou colexio.
Certificación bancaria do número de conta na que o/a solicitante sexa titular ou cotitular
na mesma.
En caso de realizar cesión de pago, documento de transmisión de dereitos de pago
( Anexo II) xunto con:
Copia do DNI da persoa representativa do endosatario
Certificado bancario do nº de conta do endosatario
Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na norma da convocatoria, o órgano
competente requirirá ó interesado para que a emende no prazo máximo de 10 días, contados
a partir da data da notificación, indicándolle que si non o fixese se lle dará por desistida a súa
solicitude e arquivarase o expediente.
O departamento Servizos Sociais ou o de Educación poderán esixir calquera outra
documentación que consideren precisa para valorar a situación socioeconómica dos
solicitantes.
4.3. Valoración das solicitudes:
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, os departamentos de Servizos
Sociais e de Educación examinarán as solicitudes presentadas verificando que conteñan toda
a documentación requirida polas bases.
Logo procederase á valoración das mesmas e á elaboración dunha relación na que figuren as
axudas concedidas e as denegadas indicando a causa.
4.4. Criterios de Valoración:
A valoración das solicitudes de acordo co que de seguido se indica:
I)
En función da Renda anual da unidade familiar:
Ingresos familiares ata o 60 % do límite establecido
4 puntos
Ingresos familiares iguais ou superiores ao 60. % e inferiores
ao 75% do límite establecido
3 puntos
Ingresos familiares iguais ou superiores ao 75 % e inferiores ao
90 % do límite establecido
2 puntos
Ingresos familiares iguais ou superiores ao 90 % e inferiores ao
100 % do límite establecido
1 punto
II)
Por cada membro da unidade familiar con certificado de minusvalía recoñecida:
2 puntos.
III)
Por familia monoparental: 3 puntos.
IV)
Por familia numerosa: Xeral, 2 puntos; Especial (5 fillos ou máis)l, 3 puntos.
No suposto de que, unha vez efectuada a avaliación, o número de axudas supere o crédito
máximo dedicado a esta finalidade, concederanse as axudas pola orde de puntuación obtida
por cada solicitude, ata alcanzar o límite sinalado. No caso de puntuación igual, terá
preferencia a unidade familiar coa contía menor de ingresos.
4.5. Resolución e notificación da concesión ou denegación das axudas
Cumpridos os trámites para a instrución do procedemento e fiscalizada a proposta de
concesión ou denegación das axudas pola Intervención municipal, esta proposta será
sometida á Xunta de Goberno Local, que adoptará o acordo correspondente. Dito acordo de
concesión ou denegación, expoñerase no taboleiro de anuncios do Concello e na súa páxina
web
www.ivilagarcia.es
A resolución estimatoria ou desestimatoria pon fin á vía administrativa. Contra ela poderá
interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante o Sr. Alcalde no prazo dun mes, a
contar dende o día seguinte ó da notificación do acordo de concesión, ou directamente
recurso contencioso administrativo ante o o Xulgado do Contencioso Administrativo, no prazo
de dous meses, a contar dende o seguinte ó da notificación da resolución se é expresa e se
non o é, o prazo será de seis meses a contar dende o día seguinte ó que se entenda
producida a desestimación por acto presunto.
Artigo 5. – FORMA DE PAGO
O pago da axuda concedida farase efectivo nun pago único en metálico por cada fillo/a previa
xustificación da mesma, podendo ser:
Directo: a favor do solicitante da axuda, por medio de transferencia bancaria
Indirecto: a favor do provedor, dunha entidade, asociación ou centro educativo, tras
comprobar a documentación correspondente. Neste caso, o solicitante da axuda
deberá asinar declaración xurada facendo constar a cesión do pago.( Anexo II)
Artigo 6. – FINANCIACIÓN
As obrigas económicas que se derivan da presente convocatoria imputaranse á partida
323.481.00, da Concellería de Educación, por un importe máximo de 4.000 €, e á partida
231.481, da Concellería de Traballo e Benestar Social, por un importe máximo de 3.000 €, do
orzamento municipal de 2013.
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA
Para todo o non disposto nestas bases estarase ó disposto na Lei 38/2003, de 17 de
novembro e no Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo.
ANEXOS
O contido destas bases e os anexos exporanse na páxina web do Concello de Vilagarcía de
Arousa:
www.vilagarcia.es
Vilagarcía de Arousa, 16 de maio de 2013.
O ALCALDE-PRESIDENTE
Tomás Javier Fole Díaz
SOLICITUDE DE AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
CURSO ACADÉMICO 2013-2014
ANEXO I
Datos do solicitante (pai, nai ou titor):
Apelidos, nome: ..........................................................................
.................................................................................
, D.N.I. ..........................................................
Enderezo: .....................................................................................................................................................
.................................
....................................................................................Teléfono: ............................
Correo electrónico ........................................................................................................................................
Datos do/a alumno/a
: Apelidos, nome: ......................................................................................................
Data de nacemento
: .............................................
Estudios de Infantil para os que solicita axuda
: Nivel ou curso ..............................................................
Centro educativo no que está matriculado/a
...........................................................................................
Documentación que se achega:
Impreso de solicitude (ANEXO I)
Fotocopia do DNI, NIE da persoa solicitante.
Fotocopia do Libro de Familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da
unidade familiar coas súas datas de nacemento.
Fotocopia do título de familia numerosa, no seu caso.
Se é o caso, documento acreditativo da situación de familia monoparental: fotocopia cotexada do
libro de familia, do certificado de defunción, da demanda ou sentenza de separación ou divorcio,
acordo regulador ou resolución xudicial sobre as medidas paterno filiais.
Se é o caso, Certificado de Minusvalía recoñecida ou do grao e nivel de dependencia
Certificado de matrícula ou reserva de matrícula expedido polo centro, para o curso 2013/2014
Xustificantes de ingresos de todos os membros da unidade familiar maiores de 18 anos:
declaración da renda do ano 2012 completa ou certificado de AEAT no suposto de non tela
presentado coa autorización para recabar datos tributarios en relación ao IRPF, segundo modelo
anexo á solicitude
Se é o caso, recibo de pagamento de aluguer da vivenda habitual selado e asinado polo
arrendatario ou xustificante de pago de hipoteca (primeira vivenda).
Xustifcante do gasto reallizado
Xustificante do endoso, no seu caso.
En Vilagarcía de Arousa, a ______________ de ____________________________ de 2013.
AUTORIZACIÓN PARA PODER SOLICITAR DATOS TRIBUTARIOS Á AXENCIA TRIBUTARIA RELATIVOS AO
NIVEL DE RENDA (IRPF)
A/s persoas abaixo asinantes autoriza/n ao Departamento de Servizos Sociais a solicitar da Axencia Estatal de
Administración Tributaria, información de natureza tributaria sobre o IRPF para comprobar o cumprimento dos
requisitos establecidos para solicitar a
AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
,sendo beneficiario
ou posible beneficiario a persoa que figura no apartado A da presente autorización.
A presente autorización outórgase aos efectos do
recoñecemento, seguemento e control
da axuda mencionada
anteriormente, e en aplicación do artigo
95.1 K) da Lei 58/2003, Xeral Tributaria
pola que se permite, previa
autorización da persoa interesada, a cesión dos datos tributarios que precisen as Administracións Públicas para o
desenvolvemento das súas funcións.
INFORMACIÓN TRIBUTARIA AUTORIZADA
: DATOS QUE POSEA LA AXENCIA TRIBUTARIA DO IMPOSTO
SOBRE A RENDA DAS PERSONAS FÍSICAS DO EXERCIZO 2012.
A.- DATOS DEL SOLICITANTE DE LA AYUDA DETALLADA QUE OTORGA LA AUTORIZACIÓN.
NOME E APELIDOS
NIF
SINATURA
B.- DATOS DOS RESTANTES MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR DO/A SOLICITANTE (unicamente
maiores de 16 anos).
Vilagarcía de Arousa, a
de
de
Nota: a autorización concedida pola persoa asinante pode ser revocada en calquera momento mediante
escrito dirixido ao Concello de Vilagarcía de Arousa.
PARENTESCO CO
SOLICITANTE
NOME E APELIDOS
NIF
SINATURA
Don/Dna ................................................................................................................,
con D.N.I. .................................................., pai/nai/titor do alumno/a ............................
..............................................................................................................................
,
DECLARA BAIXO XURAMENTO,
Que esta ó corrente nas súas obrigas tributarias coa Seguridade Social.
Que non está incurso en prohibición ou incompatibilidade para a percepción de axudas
públicas.
En Vilagarcía de Arousa, a ____________ de ____________________________ de 2013.
ANEXO II
CESIÓN DO DEREITO DE COBRO DAS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR
I) ENDOSO
A)
ENDOSANTE
B)
C)
ENDOSATARIO
II) TOMA DE RAZÓN
D/Dª
con N.I.F.: actuando en nome propio/ representación de
con CIF
: e con poder sufiente ó efecto, acepta a cesión do dereito de cobro no caso de ser concedida a AXUDA PARA MATERIAL
ESCOLAR a D/ Dª
destinada ao alumno/a do curso 2013/2014 e que se abone
mediante transferencia á seguinte conta bancaria:
ENTIDADE
OFICINA
DC
Nº DE CONTA
En Vilagarcia de Arousa, de de 2013.
,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,...........................
Asdo.: ______________________________________
Tomada razón do endoso a favor de _______________________________________________________________________polo importe líquido da mesma
que ascende a __________________________euros, facendo constar que
a xustificación da subvención, aprobouse con data / /2013.
Vilagarcía de Arousa, a de de 2013
O ALCALDE
A TESOUREIRA
A INTERVENTORA
D/Dª N.I.F.: actuando en nome propio e con poder sufiente ó efecto, transmite á entidade
, os dereitos de cobro correspondentes
á
AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR do curso 2013/2014 destinada ao alumno/a
, no caso de ser concedida dita axuda, autorizando así o pago directo da contía concedida á entidade sinalada.
En Vilagarcía de Arousa a de de 2013
Asdo.: __________________________________________________________