viernes, 15 de marzo de 2013

PRAZO RESERVA DE PRAZA E MATRÍCULA

Coidamos de interese a seguinte información para a nosa Comunidade Educativa do CEIP O PIÑEIRIÑO:




 
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO – RESERVA DE PRAZA

 PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2013/2014

                                      EDUCACIÓN INFANTIL
3 ANOS
4 ANOS
5 ANOS
TOTAL
44
16
8
67


                                 EDUCACIÓN PRIMARIA



TOTAL



1



7
5
2
3
12
30





INFORMACIÓNS DE INTERESE

  1. Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  2. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  3. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.


Ø      Reserva de praza no centro de orixe: 18-22 de marzo.
Ø      Data de sorteo público a efectos de desempate: antes do 2 de abril.
Ø      Presentación da solicitude de admisión: 5-17 de abril.
Ø      Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 22 de abril-3 de maio.
Ø      Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: até o 10 de maio.
Ø      Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 31 de maio.
Ø      Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
Ø      Área de influencia:      
-          Urbanización do Piñeiriño
-          Piñeiro
-          Vilaboa
-          Figueirido
-          Fontecarmoa (compartida coa Com. Educativa da Lomba)
-          O Castriño (dende o edificio Guernica cara Vilaxoán)
-   Parroquia de Sobradelo, dende a rúa San Cibrán (non incluída) cara Vilagarcía.

Ø      Servizos complementarios ofrecidos polo centro: Transporte.

NA OFERTA DE 3 ANOS (4º DE ED. INFANTIL) E EN 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, HAI UNHA RESERVA DE 6 PRAZAS EN CADA CURSO (6 PARA 3 ANOS E 6 PARA 1º- TRES POR GRUPO, A/B-) PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECÍFICAS DE APOIO.

O HORARIO PARA A ENTREGA DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN É DE LUNS A VENRES DE 12:30 H. A 13:45 H. 










viernes, 8 de marzo de 2013

SEGUNDA ESCOLA DE PAIS E NAIS DESTE CURSO



DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CONVOCATORIA DE ESCOLA DE PAIS E NAIS
MARTES 12 DE MARZO DE 2013, ÁS 17:30 H. NO SALÓN DE ACTOS
Educar en tempos revoltos, unha educación para o optimismo, a alegría e a esperanza
Tamén dedicaremos un tempo para aclaracións sobre os seguintes asuntos:
- ¿Que é a dislexia?
- O neno perezoso
Dita escola estará coordinada por D. Germán Manuel Torres de Aboal, orientador do noso centro.