jueves, 19 de diciembre de 2013

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2014


O PROFESORADO DO CEIP O PIÑEIRIÑO DESÉXALLES UNHAS FELICES VACACIÓNS DE FINAL DO PRIMEIRO TRIMESTRE, UNHA OPORTUNIDADE PARA A CONVIVENCIA FAMILIAR E VECIÑAL. E QUEREMOS QUE O 2014 SEXA PROPICIO PARA TODOS, QUE ESTE DEMO DE CRISE OU O QUE SEXA QUE SE VAIA AXIÑA E QUE TODO O MUNDO POIDA TER UNHA VIDA DIGNA E CHEA DE OPORTUNIDADES. FELIZ 2014.

jueves, 12 de diciembre de 2013

ACOMPAÑAR NO CRECEMENTO, A MEIOR PREVENCIÓN

 
Polo seu interese vou verquer ao galego un artigo aparecido no taco-calendario do Sagrado Corazón (11/12/2013):

AXUDAR A FACER

Un neno ve a unha bolboreta que se está a desprender con dificultade do seu casulo. Crendo axudala, libéraa delicadamente da súa envoltura. A bolboreta voa, recorre uns metros, mais axiña cae ao chan, morta.
 O pai explica que non se axuda á bolboreta facilitándolle a súa liberación. Ela debe conseguilo por si mesma, reforzando así os músculos das súas ás, que despois lle axudarían a voar.

Á luz deste exemplo, vós, os pais, deixades ao voso fillo ou filla afrontar por si mesmo as súas dificultades e retos, as súas responsabilidades e tarefas? Ou pretendedes facilitarlle as cousas facéndoas no seu lugar?

 A responsabilidade dos pais non é facer as tarefas do fillo, senón axudar a que el as poida facer. É necesario deixarlle cada vez maior responsabilidade para permitirlle desenvolver as competencias necesarias para a súa evolución e o seu crecemento. Parece claro que sempre é máis fácil ordear no seu lugar, lavarlle os dentes para estar seguros de que así quedan ben, atarlle os cordóns dos zapatos, pero, actuando así, el ou ela non aprende a facelo.

Sería un bo exercicio facer unha lista das tarefas que fas por el, substituíndoo a el e despois, sinalar cales podería facer perfectamente el por si mesmo, as que poderías delegar nel.
 
No fagamos do neno ou nena un ser inutilizado, dependente, consentido, mal criado; hai que educar para unha crecente autonomía. Aos nenos gústalles facer as cousas, sentirse útiles, permitamos o seu crecemento autónomo, brindémoslles ricas e variadas experiencias. 

E para previr toxicomanías, dependencias, etc. as claves son convivencia, diálogo, moito diálogo, dedicarlle tempo aos fillos, escoitalos, estar con eles, interesármonos polas súa cousas, dar bos exemplos e ter experiencias gratificantes, positivas e enriquecedoras en familia (gozar xuntos da convivencia familiar, contacto frecuente coa natureza -montaña, praia, animais, viaxes-, asistir a espectáculos e actividades culturais -festas, concertos, teatro, cine, conferencias, romarías, circo,...). Facer todo o posible para ser felices en parella, en familia, boas relacións entre todos, pais/fillos/familiares/veciños.

É moi importante, frecuentar o colexio, ter unha estreita, positiva, construtiva relación cos mestres e participar activamente en todas as actividades do colexio, ser e facer COMUNIDADE EDUCATIVA, os nosos nenos e nenas merécenno.