lunes, 4 de abril de 2016

XESÚS ALONSO MONTERO DE NOVO VISITA O CEIP O PIÑEIRIÑO DE VILAGARCÍA DE AROUSA



Mañán sobre as 11:00 chegará D. Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega, ao noso colexio. Na sala de usos múltiples pronunciará a conferencia:

Significado e Historia do Día das Letras Galegas

Para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

O alumnado de 2º A, 3º A e 5º e 6º de Ed. Primaria agasallaranno coas seguintes cantigas de Manuel María con música de Suso Vaamonde e Roi Casal:

- Caracol, col
- O sol
- A estrela sen nome
- A roda-roda

- O meu burriño
- O meu barco

- Campás

- Galicia 

Para obter información sobre D. Xesús picade aquí:

 http://academia.gal/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=showAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_tableDate=1459802987308&id=15



https://gl.wikipedia.org/wiki/Xes%C3%BAs_Alonso_Montero


http://www.xerais.es/autores.php?tipo=autores&id=100005382

D. Xesús explicounos a orixe e as circunstancias da creación do Día das Letras Galegas, amosounos por medio dunha edición facsimilar do libro de Rosalía de Castro, Cantares Gallegos, a razón de por que se escolle a data, partindo da dedicatoria do libro que lle fai á escritora, que firmaba co pseudónimo de Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber), que ten data do 17 de maio de 1863. De aí de que o primeiro Día das Letras da historia foi o 17 de maio de 1963, precisamente dedicado a Rosalía. E ofrécelle o poemario a Fernán Caballero por ser muller e por terlle dedicado escritos a Galicia e aos galegos de xeito agarimoso, agradable e bo, cando naqueles tempos eso non era costume. E a razón de que fose o 17 de maio, porque era cando Manuel Murguía, o seu marido e grande erudito galego, estaba de cumpreanos.

 Subliña don Xesús, que Galicia é o único país, que celebra o seu día grande e máis importante referíndose non a unha batalla, senón ás letras; á literatura. E fainos notar que a muller vai gañando terreno en ámbitos que antes lle estaban prohibidos, como o oficio de escribir, hoxe estamos de noraboa por vivir nunha democracia, nun réxime de liberdades, e o que é xusto con moitas e moi boas escritoras en lingua galega. E aínda que teñen que seguir a aumentar, contamos con catro mulleres académicas, cando antes non había ningunha; pero esto ten que mellorar xa que aínda hai 26 académicos na Real Academia Galega, prodúcese unha desproporción e hai que ir desfacendo esa desigualdade.

 Logo, fai un recorrido falando sobre algúns dos 53 escritores e escritoras homenaxeados nos Días das Letras Galegas, fixo referencias a Rosalía, Curros, Pondal, Cotarelo Valledor, Fermín Bouza Brey, Aquilino Iglesia Alvariño, María Mariño e detívose especialmente en Manuel María, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas no presente ano 2016.

Rematou o acto coa interpretación das cantigas de Manuel María por parte do alumnado do noso colexio, de entrega de agasallos e firma de autógrafos por parte de D. Xesús, con fermosas dedicatorias personalizadas ao alumnado que se achegou a el con dito fin, previamente respostou a algunhas preguntas que lle formularon os alumnos e alumnas. 

REPORTAXE FOTOGRÁFICA











REVISTA DE PRENSA, 06/04/2016
(Primeiro Diario de Arousa, logo La Voz de Galicia - Arousa)







A palabra é unha arma cargada de esperanza