martes, 14 de junio de 2016

TITO PORTO CO ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA


O pasado xoves, 9 de xuño de 2016, ás 12:50 h., o avó artista, o avó poeta, Tito Porto, o avó de honra do noso colexio, mantivo un encontro co alumnado de 3º de Educación Primaria, na sala de usos múltiples do colexio. Tito contou experiencias da súa vida, de cando el era neno, da escola do seu tempo... Logo recitou algúns dos seus poemas: Era o medo, Quixera ser un neno, A figuriña de barro (O tesouro),... E as nenas e os nenos interpretaron para el, O meu barco (acompañado con flautas doces por un grupiño de alumnos/as) e O caracol, ambos os dous poemas de Manuel María.

Tito aparte de agasallarnos coa súa presencia e co seu arte, unha vez máis, e agardamos moitas máis, tivo unha sorpresa para o alumnado: un balón do Real Madrid! (os poucos que eran do Barça protestaron, eso si moi cordial e pacificamente). 

Como sempre foi unha grata e agradable experiencia. E agradecemos a Tito a súa xentileza e as súas atencións cara o noso colexio, que sempre o recibe con ledicia e cos brazos abertos.

ATA OUTRA MILLORADA!

sábado, 4 de junio de 2016

O RECITADOR, ENRIQUE BRUMBÉCK, NO PIÑEIRIÑO



Este pasado venres día, 3 de xuño de 2016,  ás 12:50 h.o recitador Enrique Brumbéck realizou un recital de poesía galega para o noso alumnado de 4º de Primaria e 5º de Primaria, grupo A, na sala de usos múltiples do noso colexio. O recital consistiu no recitado de poemas de Manuel María, Rosalía de Castro e Ramón Cabanillas. Ao final da intervención do Sr. Brumbéck, o alumnado respostou recitando e cantando poemas de Manuel María (Galicia, O caracol,...) e cantando a canción popular Ollos verdes...

Traballamos no alumnado:

- A escoita atenta

- A capacidade de memorización

- Capacidade de acollida de novas persoas e de novas actividades

- Abrirse a novas expectativas e a novas actividades

- Saber ser un público respectuoso, saber estar e actuar

- A expresión e a creatividade no noso idioma galego

- Despertar o aprecio pola beleza, pola poesía, pola nosa literatura e os nosos literatos

- Aceptar aos outros e convivir

- Aprecio pola nosa cultura, educarnos conxuntamente e saber gozar de obras e bens culturais, entre outas cousas.

Ao final do acto, o recitador fixo unha dedicatoria e unhas palabras para o alumnado e para o colexio.