Aínda que son unhas sinxelas pautas baseadas no sentido común e na experiencia da vida, por se poden ser de utilidade e para refrescar un pouco as ideas, aí van unha pequenas propostas:
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Propostas de actuación para
a vida cotiá
HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE
- Os nenos/as precisan orde e
equilibrio nas súas vidas. Os adultos son o modelo no que se miran.
- Respectar as horas de soño (8 h.).
Ter unha hora fixa para ir a durmir e para levantarse. O cuarto debe
asociarse co durmir, non debe ter distratores nel. O soño é moi necesario,
é reparador e fonte de benestar.
- Levar unha alimentación san e
variada. Non tomar excitantes nin abusar dos alimentos doces.
- 2 h. antes de durmir beber pouco.
- Crear e manter hábitos de aseo e
hixiene persoal. Importancia do coidado da boca, limpar ben os dentes. (Ir
creando unha progresiva autonomía nestes temas).
- Sería moi recomendable que a nena/o
tivera a oportunidade cada día de relacionarse e xogar cos iguais fóra do
horario escolar.
PAUTAS DE CONDUCTA
·
Ensinar
aos nenos/as a respectar y practicar as normas de cortesía e de relación
positiva, respectuosa e axeitada cos demais (Saúdos, pedir as cousas por favor,
dar as gracias...)
·
Poñer
límites, normas de conduta e comportamento claros para a nena/o e axeitadas e
proporcionadas a súa idade.
·
Manter
firmeza e coherencia no cumprimento das normas e das tarefas habituais da vida
cotiá dun neno/a. Non cumprilas ten que ter unhas consecuencias.
·
É
preferible resolver os conflitos de xeito pacífico e razoado. Escoitar e
dialogar moito coa nena/o. (No caso de dificultades de conduta e comportamento,
pactar un control, por exemplo por medio dun sistema de economía de fichas o
doutros métodos, por exemplo).
·
Evitar
que o neno/a saia sempre coa súa e se converta nun tirano caprichoso para o
adulto. Recordemos esta sabia máxima: Ao
neno se lle impón, ao mozo se lle propón e ao adulto se lle expón.
·
O
neno é iso, un neno; por iso debe recibir todos os nosos coidados e atencións,
pero hai que educalos axeitadamente, con firmeza, coherencia e bos exemplos
para que gañen gradualmente autonomía.
·
Os
pais e educadores deben evitar a pretensión de ser os colegas dos seus fillos,
o son os seus compañeiros/as e os
nenos/as da súa idade. Os pais/nais e educadores deben manter unhas relacións
positivas e actuar como pais/nais e educadores que son.
HÁBITOS DE TRABALLO E ESTUDO
- Axeitándose a idade dos nenos/as, hai
que acostumalos ben cedo a que axuden nas tarefas do fogar, que manteñan o
seu cuarto limpo e ordenado. Que colaboren no fogar.
- Interesarnos por as súas cousas,
mesmo as do colexio. Participar nas actividades e na vida do centro
educativo.
- Asistencia puntual e nas debidas
condicións ao centro escolar.
- Na casa acostumalos a que fagan os
seus deberes e que dediquen ao día un tempo para o traballo académico e de
estudo persoal.
- Fomentar o hábito diario da lectura.
- Controlar e dosificar o emprego das
TIC (tv, play, ordenador...)
- O uso do móbil convén retrasalo o
máis posible, tendo en conta as idades e educalos no seu bo uso, correcto
e razoable. Sempre é mellor o contacto directo e frecuente cos iguais e
coas persoas.
- Axudalos a organizarse, levando unha
axenda cos horarios e a planificación. Revisar con eles diariamente as
mochilas, controlar o que levan (o que sexa razoable e necesario),
axudarlles a preparalas e organizalas.
- Estar atentos e manter o contacto na
axenda escolar e a comunicación frecuente coa profesora/or titora/or.
- Combinar a esixencia co amor, creemos
seres verdadeiramente educados e autónomos, non inútiles mal consentidos.
- A razón e o sentido común, así como o
xusto medio e equilibrado das cousas é o máis doado. E sempre, sempre
falar con eles e escoitalos, dialogar moito e dedicarlle tempo aos
cativos/as.
Educade á infancia e
evitaredes que os cárceres se enchan. (Concepción Arenal).